bálsamo
(< lat balsamu < grβάλσαμον)
-
[BOT/MED]
-
s
m
Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen naturalmente, ou por incisión, de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais. Tamén se empregan en perfumería.
-
bálsamo de Perú
Bálsamo obtido por incisión da árbore Myroxylon pereirae, papilionácea de América Central. Emprégase en cosmética e aplícase en afeccións cutáneas e do aparato respiratorio.
-
bálsamo de Tolú
Bálsamo obtido da árbore Myroxylon balsamun, papilionácea de América Central. Preséntase en forma de masas brandas, sólidas e fráxiles, que se amolecen naturalmente e adoptan a forma do recipiente que as contén. Emprégase como anticatarral.
-
s
m
-
[BOT/MED]
-
s
m
Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.
-
bálsamo de Canadá
Oleorresina máis próxima ás trementinas cós bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea, un abeto norteamericano. Emprégase para facilitar a observación de preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos. Tamén se emprega na execución das obras pintadas ao óleo, na manufactura de lacas e como aromatizante de substancias. Ten unha certa eficacia contra a tose.
-
bálsamo de copaíba
Oleorresina que se extrae da copaíba, árbore da familia das mimosáceas, común en América do Sur. Ten unha acción balsámica e desinfectante, e empregouse moito, en uso interno, para curar as afeccións xenitourinarias e, externamente, contra a sarna. Emprégase tamén en pintura e restauración.
-
s
m
-
[MED]
-
s
m
Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.
-
bálsamo católico
Preparado galénico antigo, de uso xeral, que se aplicaba en feridas e pragas.
-
bálsamo de Fioravanti
Preparado galénico obtido por destilación ao baño maría do produto de maceración dunha determinada serie de plantas en alcohol e esencia de trementina. Tamén se lle chama alcohol de trementina composto, e emprégase como linimento analxésico de uso externo.
-
bálsamo de Opodeldoch
Preparado galénico antigo, obtido coa disolución de xabón de aceite de oliva en alcohol de 80° e posterior adición de alcanfor, amoníaco e esencia de romeu e de tomentelo. Tamén se lle chama linimento de xabón alcanforado, e emprégase para dar fretas e como antiespasmódico e calmante.
-
bálsamo tranquilo
Preparado galénico obtido por decocción en aceite de follas de beladona, estramonio, tabaco e papoulas. Emprégase externamente como sedante anódino local.
-
s
m
-
s
m
Calquera cousa que alivia unha pena ou aflición. SIN: alivio, consolo.
Ex: Coller as vacacións foi un bálsamo para todos eles.