baluro -ra

baluro -ra
s [ETN]

Feiticeiro que antano exercía de médico, sacerdote, milagreiro e profeta; practicaba as artes do engano e a maxia, e por iso estaba mal visto. Considerábase un adorador do deus Baal e normalmente tiña a súa morada nos arredores da lagoa de Santa Cristina, en Cospeito. Ás veces exercía as competencias do crego e enfrontábase con el ata tal punto que algúns bispos galegos decretaron excomuñóns que o obrigaron a fuxir e a dispersarse celebrando logo as súas xuntanzas na clandestinidade.

Palabras veciñas

balun | balurdo | Bālurghāt | baluro -ra | baluto, a | balutra | balutrado -da