bamum
bamum
-
adx
Relativo ou pertencente aos bamums ou á súa lingua.
-
s
Individuo do grupo bamum.
-
s
m
[ETN]
Grupo étnico sudanés que abrangue uns 75.000 individuos do suroeste do Camerún. Os bamums son agricultores e de relixión islámica.
-
s
m
[LING]
Lingua africana da familia bantú, tamén chamada mom, pertencente ao grupo bantoide banwe-congo da familia nixeriano-congolesa. O número de falantes achégase a 75.000.