bancal
bancal
(< banco)
-
s
m
Pano que vai colocado enriba dunha mesa ou banco para protexer a madeira e mesmo adornar.
Ex: Gústanme as cores do bancal que hai enriba desa mesa.
-
s
m
Pedra de granito alongada que vai colocada nas fachadas dalgunhas casas amodo de asento, á beira dunha estrada ou camiño, onde os veciños dun lugar sentan a descansar ou parolar, especialmente no lusco fusco do verán.
Ex: Os veciños da túa aldea están a tomar o fresco no bancal.
-
s
m
Porción de terreo cultivable situado en lugares de difícil acceso como unha pendente ou montaña, en forma de banzos. SIN: bancada, socalco.
-
s
m
Franxa de area ou pedra nun terreo labrado.