Banco de La Coruña

Banco de La Coruña

Entidade bancaria constituída na cidade da Coruña o 1 de xullo de 1858. Obtivo a condición de banco emisor de moeda, que mantivo ata o decreto gobernativo que creaba o Banco de España e que lle outorgaba en exclusiva a este a competencia emisora; deste xeito, o Banco de La Coruña cesou as súas actividades en novembro de 1875. Un grupo de accionistas non conformes con esta nova situación crearon unha nova entidade, o Crédito Gallego (1875-1905).