Banco de Pagamentos Internacionais

Banco de Pagamentos Internacionais
Nome científico: [BPI; fr: Banque des Réglements Internationaux, BRI; ingl: Bank for International Settlements, BIS]

Entidade bancaria internacional de cooperación monetaria e bancaria con sede en Basilea, Suíza, fundada en 1930 e co obxectivo de canalizar os pagamentos impostos a Alemaña en concepto de reparacións trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A depresión económica mundial da década de 1930 e a moratoria no pagamento das reparacións dende o 1931 dificultaron as súas operacións. A partir dese momento, orientouse cara á cooperación monetaria entre os bancos centrais e as autoridades monetarias dos estados membros. Logo do 1945, tralo nacemento doutras organizacións internacionais de cooperación económica, as operacións do BPI evolucionaron de acordo coas novas necesidades, de xeito que actúa como coordinador dos bancos centrais dos países membros da OCDE. Así mesmo, levaba a xestión da Unión Europea de Pagamentos, figura substituída despois polo Acordo Monetario Europeo.