Bank of England

Bank of England

Organismo financeiro e banco central do Reino Unido. Foi fundado no 1694, coa finalidade de financiar a guerra contra Francia (1689-1697). Durante os ss XVIII e XIX actuou como un banco privado, xa que se encargaba da circulación e emisión dos valores do goberno; a partir do 1751, ocupouse da administración da débeda pública. Como banco central británico, realiza as funcións de banqueiro do goberno, dos bancos e das discount houses, institucións do mercado monetario. Xestiona a emisión das letras do tesouro e intervén para manter a orde no mercado.