bañeira
bañeira
(< bañar)
-
s
f
Pía ou recipiente, de diversos tamaños e formas, que serve para bañarse. SIN: baño.
Ex: Metinme na bañeira para tomar un baño relaxante despois de vir do traballo.
-
s
f
Recipiente que pode ter diferentes formas ou tamaños segundo a súa utilización.
Ex: Na miña casa utilizan unha bañeira de madeira para salgar o porco. Comprou unha bañeira de plástico para tinguir a saia de verde.
-
s
f
[MAR]
Cavidade descuberta de certas embarcacións menores, principalmente pequenos balandros, onde se instala o patrón e dende onde se empuña o temón.
-
bañeira ocular
[MED]
Pequeno recipiente empregado para a aplicación de solucións medicamentosas nos ollos.