baobab

baobab
s m [PLANTA]

Árbore do xénero Adansonia da familia das bombáceas, de ata 20 m de altura, de toro extremadamente groso, que pode acadar os 23 m de diámetro e que acumula grandes reservas de auga durante a época das chuvias. Ten grandes flores brancas que son polinizadas por morcegos. Os froitos (denominados pan de mono) son alongados, coa polpa fariñenta e comestible. Vive nas sabanas da África intertropical e a súa madeira emprégase na fabricación de papel e teas.

Palabras veciñas

Bao do Outeiro | Bao Garrido, Ernesto | Bao Zhao | baobab | Baoi, baía de | Baoji | Baos