baquíade
baquíade
(
-
adx
[HIST]
Relativo ou pertencente aos baquíades.
-
s
[HIST]
Membro dunha gran familia aristocrática que gobernou Corinto durante a segunda metade do s VIII e a primeira metade do VII a C, ata que foi expulsada pola revolta de Cipselo (657). Os baquíades eliminaron a monarquía e instauraron unha oligarquía familiar, repartindo os cargos políticos entre os membros da familia. Favoreceron o comercio e a exportación de produtos corintios, no seu tempo tivo lugar a grande expansión das cerámicas protocorintias por toda Mesopotamia. Fundaron as colonias de Siracusa e Corcira (734 a C). Tiveron tanta sona que unha dinastía semibárbara de Macedonia reivindicou a súa ascendencia no s IV a C.