Barbeiro
Barbeiro
[ONOM]
Apelido que tivo a súa orixe nun antigo alcume profesional. Documéntase no s XV: “Pedro Barbeiro” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, 1967, p 58).
Refráns
- A gracia do barbeiro está en sacar barbas onde non hai pelo.
- Barbeiro mozo e médico vello son sempre moi paroleiros.
- Barbeiro novo para a barba do meu sogro.
- Barbeiro, ou tolo ou paroleiro.
- De barbeiro a barbeiro non corre diñeiro.