Bárcena

Bárcena
  1. [ONOM]

    Forma castelá correspondente ao apelido galego Barcia.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe de orixe castelá. As distintas ramas da familia proceden do Valle de Llerana, na provincia de Santander. Unha das ramas desta caste pasou á vila de Bouzas (Vigo). Os Bárcena de la Concha e os López Bárcena fundaron casa en Vigo. Unha rama pasou tamén a México. Dos Bárcena proceden os Bárcena e Andrés, os Otero Bárcena, os Bárcena Saracho, os Jaudenes Bárcena, os Quiroga Bárcena e os Rodríguez Bárcena. É apelido dos condes de Torre-Cedeira, da parroquia de Santo Andrés de Cedeira, no concello de Redondela. As distintas ramas desta estirpe ostentan, en campo de goles, seis besantes de prata, en dous paos, de tres cada un. Algúns engaden un bordo de ouro.