Barcia de Mera, casa reitoral de

Barcia de Mera, casa reitoral de

Está situada no concello do Covelo. Foi mandada edificar polo abade Alberto Barreyro Bello, conserva na fachada unha inscrición co ano 1752. A porta principal, adornada por grosas molduras con orelleiras e flanqueada por pilastras, queda acubillada baixo un remate composto por pináculos asentados sobre un frontón curvo e partido. Da decoración xeométrica e vexetal que ocupa o espazo dispoñible no entaboamento e o tímpano destacan as aguias coroadas que sobresaen deste último e o Atlas que, sostendo o globo terráqueo, culmina o conxunto.