baril
(
-
adx
Aplícase ás persoas con moita forza física, con boa saúde ou con vigor. SIN: forte, forzudo, rexo, robusto, varudo, vigoroso.
Ex: Para mover este envase non chegamos nós os dous, ten que axudarnos alguén máis baril.
-
adx
Que resulta atractivo ou agradable polo aspecto e polo trato. SIN: aposto, gallardo, garboso, xentil.
Ex: Tes uns fillos moi elegantes, son moi barís.
-
adx
Que mostra valor ante perigos ou dificultades. SIN: arriscado, gallardo, valente, valoroso, varudo.
Ex: Temos un delegado de clase moi baril.
-
adx
Aplícase ao que ten unhas características valiosas ou nobres.
Ex: Estes brasóns pertencen a unha liñaxe baril.
-
adx
Que comparte as cousas que ten con facilidade. SIN: xeneroso.
Ex: O meu avó é un agarrado, pero a miña avoa é máis baril.
-
adx
Que ten moi boa calidade. SIN: excelente.
Ex: É un viño baril.
-
adx
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bo’.
-
adv
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ben’.