Barlow, roda de
Barlow, roda de
[FÍS]
Aparello ideado no 1828 por Peter Barlow que demostrou o principio do funcionamento das máquinas eléctricas e constituíu un dos primeiros tipos elementais de motor eléctrico. Consta dun disco condutor que pode xirar libremente ao redor do seu eixe horizontal e que se mergulla parcialmente nun depósito de mercurio. Aplícaselle un campo magnético e un xerador de corrente continuo, cun polo no mercurio e o outro no eixe da roda.