Barragán
Barragán
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Este alcume, de etimoloxía incerta, quizais proceda do gótico *barika, -kans, forma diminutiva de baro ‘home libre e apto para loitar’.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da vila de Pontevedra, dende onde saíron varias ramas que se estableceron en La Rioja, en Baeza e en case toda a Península durante a Reconquista. Segundo algúns tratadistas, desta caste descende Martiño Páez de Barragán, mestre de Santiago en tempos de Alonso IX de León. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e, ao seu pé, tendido no chan, un cabaleiro morto e dous corvos de sable aos lados, coas ás levantadas cebándose no cadáver.