Barral

Barral
  1. [ONOM]

    Barreiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe orixinaria do lugar de Barral (Catoria), dende onde se espallou a Burgos e Andalucía. Tamén se esparexeron por Betanzos, Cuntis ou A Coruña; os de Cuntis e Sobrado descenden dos Castro. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bastóns de prata postos en faixa e, brochante sobre el, unha á de aguia de ouro cargada de oito rosas de goles. Outra variante moi semellante trae, en campo de sinople, tres bastóns de prata ergueitos e postos en faixa, superados por unha á de aguia de ouro, cargada de oito rosas de goles.