barranco

barranco

(< voz prerromana)

  1. s m

    Terreo cun descenso vertical brusco e escarpado.

    Ex: Multárono por verter lixo no barranco que hai detrás desas casas.

    Sinónimos: barranca, precipicio.
  2. s m

    Escavación profunda que fai a auga da chuvia na terra, especialmente en materiais brandos doados de erosionar, ou por outras causas.

    Ex: A chuvieira orixinou varios barrancos ó longo do camiño.

    Sinónimos: cavorco.
  3. s m

    Dificultade ou estorbo que se encontra para realizar algo.

    Ex: Non dá rematado o proxecto fin de carreira porque son moitos os barrancos que debe superar.