barrote

barrote

(

  1. s m

    Barra grosa e curta.

  2. s m
    1. Barra pequena de ferro ou de madeira que se emprega para asegurar as fiestras ou as portas.

      Confrontacións: listón, tranca.
    2. Peza de madeira ou ferro utilizada nos mobles para asegurar ou reforzar as patas.

      Ex: Houbo que lle pór barrotes á cama para que a avoa non caese. O neno rompeu os barrotes da mesa cos pés.

      Confrontacións: listón, tranca.
  3. s m

    Cada un dos ferros verticais dunha varanda ou dunha reixa.

    Ex: Cómpre pintar os barrotes da varanda porque están enferruxados. Os presos escaparon do cárcere pola fiestra que tiña os barrotes rotos.