Baruta

Baruta
  1. [ONOM]

    Apelido que posiblemente remite ao topónimo Varouta, con redución do ditongo, derivado do latín valle alta. Documéntase no s XV: “Ares Peres de Baruta” (doc ano 1430 en E. Rivas Quintas Rivas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 525).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe oriúnda da vila de Muros, onde se estableceu dende o s XIV. O seu brasón constituía unha alianza das Armas dos Mendoza, Romero e outros entrelazados.

Palabras veciñas

barullo | Barumini | Baruta | Baruta | barutado -da | barutar | baruto