basalto
basalto
(< lat basaltes)
s
m
[XEOL]
Rocha ígnea efusiva básica de gran fino, dunha elevada densidade e cor escura. Está constituída por plaxioclasa cálcica e por piroxeno, con ou sen olivina. O principal mineral accesorio é a magnetita. O basalto alcalino é típico das illas volcánicas (arco de illas). O basalto pouco alcalino (toleítico) é o máis estendido e constitúe as grandes coadas continentais e submarinas; estas últimas son de grande importancia xa que forman o fondo dos océanos.