Basconcelos
-
[ONOM]
ariante gráfica de Vasconcelos, apelido de orixe toponímica orixinario do territorio portugués. Trátase dun diminutivo do étnico vascones ‘os vascos’, pobo que habitaba a entrambos lados dos Pireneos. Esta forma aparece, xa que logo, grafada cun b- non etimolóxico.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe portuguesa procedente do lugar de Vasconcelos, de onde tomou o nome; por iso, nos tratados heráldicos pode aparecer tamén representado coa variante gráfica orixinaria Vasconcelos. O tronco desta caste foi o conde Osorio de Cabrera e Rivera, galego de nacemento que se estableceu en Portugal. O primeiro en usar este apelido foi un dos seus descendentes, Xoán Pérez de Vasconcelos, quen participou na conquista de Sevilla. A esta caste pertenceu tamén o IV conde de Amarante, García Ozores. Entroncaron con nobres casas do reino portugués. As súas armas levan, en campo de goles, tres faixas de veros de prata e sable, nunha soa orde. Outra variante trae, en campo de sable, tres faixas contraveradas de prata e goles.