batallón

batallón

(< batalla)

  1. s m [BÉL]

    Unidade táctica de infantería que reúne diversas compañías e que é fundamental para formar unha unidade superior da arma -por exemplo, rexementos ou agrupacións tácticas- xunto con unidades doutras armas. Na maior parte dos exércitos modernos, un batallón está formado por tres compañías de fusileiros, unha de armas pesadas e unha de plana maior, composición heteroxénea imposta pola necesidade de combinar o movemento co fogo. Nos últimos anos a súa importancia táctica superou a do rexemento.

    Sinónimos: brigada, pelotón.
  2. s m

    Agrupación numerosa de persoas.

    Ex: Había un batallón de xente á saída do cine.

    Sinónimos: multitude, xentío.