Bateau-Lavoir
Bateau-Lavoir
Nome co que se coñece a casa onde residiu e traballou Picasso, no barrio parisino de Montmartre (hoxe praza de Emile Goudeau). O seu nome, ‘o barco lavandería’, ten a súa orixe na súa distribución interior. Alí se instalaron entre 1909 e 1914 os artistas máis vangardistas do momento. Van Dongen e Picasso foron os primeiros, seguidos despois por Max Jacob, Juan Gris, Pablo Gargallo, Manolo, Marc Orlan e André Salmon. Converteuse no centro da vida artística e da bohemia, punto de reunión de pintores, literatos, escultores e marchantes de arte, nese momento todos mozos e descoñecidos. Un incendio destruíu o edificio en 1970.