Báthory
Báthory
Familia católica húngara, documentada dende o s XIII. Hostil aos Habsburgo, varios dos seus membros foron príncipes da Transilvania. Cómpre salientar entre eles ao Rei de Polonia (1575), Estevo I Báthory de Polonia (1533-1586), e á súa sobriña, Isabel Báthory (1560-1614), á que se lle atribuíron crimes de vampirismo.