battaglia*

battaglia*
s f

Termo que designa dende o s XVI ata o XVIII as pezas musicais que describían unha batalla. Estas composicións eran vocais ou instrumentais, e a miúdo contiñan imitacións das armas de fogo. Entre outras, destacan: The battell, de Byrd ou La bataille, de Janequin.