baulé
baulé
-
adx
Relativo ou pertencente aos baulés ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo baulé.
-
s
[ETN]
Pobo do centro da Costa de Marfil, constituído aproximadamente por 400.000 individuos que habitan entre os ríos Bandama e Nzi, que se formou a partir do contacto cultural entre os poboadores autóctonos (guros e senufos) e os axantis. Basean a súa actividade económica na agricultura da selva e na pesca. Así mesmo, dominan o traballo dos metais, sobre todo do ouro e do cobre, e posúen un nivel destacable nas artes plásticas (máscaras, figuras, cerámica). Falan unha lingua do grupo kwa.