Beau Geste

Beau Geste
[IMAX]

Filme de aventuras do que existen tres versións: unha muda do ano 1926, outra de 1939 e a de 1966. A máis destacada foi a de 1939, rodada nos EE UU e dirixida por William A. Welman. Foi interpretada por Gary Cooper, Ray Milland, Robert Preston, Brian Donlevy e Susan Hayward. Os irmáns Geste enrólanse na Lexión Estranxeira para evitar que os acusen do roubo dun zafiro. Destinados a un forte no deserto, enfrontáronse ao sádico sarxento Markoff e á rebelión dos árabes.