bebida

bebida

(

  1. s f

    Calquera líquido apto para o consumo humano.

    Ex: Este supermercado ten unha boa sección de bebidas.

  2. s f

    Calquera líquido que posúe graduación alcohólica. As chamadas bebidas alcohólicas conteñen alcohol etílico, mentres que as nomeadas bebidas non alcóholicas non o conteñen, polo menos en cantidades apreciables.

    Ex: Quen gañe paga a bebida.

  3. s f

    icio consistente na inxestión de bebidas alcohólicas.

    Ex: A bebida acabou coa súa saúde. Ten problemas coa bebida. Un home dominado pola bebida.

  4. bebida alcohólica

    Bebida que contén alcohol etílico en cantidade superior ao 2%. As bebidas alcohólicas obtéñense de produtos vexetais ricos en azucres, como tubérculos, froitos ou talos, que se transforman en alcohois gracias a unha fermentación microbiana. A principal fermentación alcohólica é a producida por acción de levaduras do xénero Saccharomyces. As levaduras, desenvolvidas primeiramente nunha certa aerobiose actúan despois anaerobicamente, e por fermentación alcohólica convértense os azucres en etanol, o alcohol etílico. No caso das bebidas alcohólicas simples, en función do substrato pódese obter viño, cervexa, sidra, etc. As características e o sabor de cada bebida veñen dadas ademais de polo seu contido en alcohol etílico (expresado en porcentaxe en volume, a 15°C), polos produtos que lle restan do substrato inicial, polos produtos procedentes das fermentacións secundarias e polos produtos formados durante o envellecemento. Segundo a conversión de azucre en alcohol fose total ou non, obtense un produto seco ou doce, en diferentes graos. Variantes do viño e da sidra son os correspondentes produtos escumosos -nomeados popularmente como cava-, obtidos engadindo azucre e levadura ao produto inicial. Algúns viños son enriquecidos ou reforzados por medio da adición directa de alcohol (xerez), dun macerado de herbas en alcohol, dun destilado ou xarope. O enriquecemento, por destilación, en alcohol e noutros compoñentes volátiles das bebidas alcohólicas simples produce as bebidas alcohólicas destiladas cun contido alcohólico que oscila entre un 40% e un 70%, e un contido en azucre inferior ao 2%. Os chamados licores son preparados por mestura de destilados, alcohol, froita, extractos de froita, herbas e substancias aromáticas das que previamente se obtivo un extracto por maceración, infusión ou lixivación, con ou sen redestilación posterior (contido alcohólico de 30-40% e contido en azucre de 2,5-12%).

  5. bebida carbónica

    Bebida non alcohólica preparada con auga potable saturada de dióxido de carbono. Os ingredientes habituais son auga potable, dióxido de carbono, edulcorantes, acidulantes, sales, emulsionantes, estabilizantes, enturbadores, colorantes artificiais, caramelo, espesante, conservantes, vitamina C, e ás veces A e D. O proceso de fabricación comporta a preparación dun xarope e unha carbonatación posterior. As principais bebidas carbónicas son as augas gaseadas (coñecidas co nome de soda, auga de Seltz ou sifón), as preparadas coas sales litínicas, as gasosas, as augas tónicas, as colas e as imitacións gaseadas dos zumes de froita.

  6. bebida estimulante

    Bebida non alcohólica caracterizada polo feito de conter principios activos do grupo da purina (cafeína, teofilina, teobromina). As bebidas estimulantes son obtidas por percolación ou infusión de partes de plantas (café, té ou mate) ou por suspensión nun líquido (cacao).

Frases feitas

  • Darse á bebida. Emborracharse habitualmente.

Palabras veciñas

beberaxe | Bebeto | bebible | bebida | bebido -da | Bebington | bébrice