bechamel

bechamel

(

s m [ALIM]

Tipo de salsa feita con fariña, manteiga, leite, sal e noz moscada. Conséguese mediante cocción e emprégase, moi espesa, para elaborar as croquetas e, menos espesa, para acompañar pratos de pasta, certas verduras, que despois de cocidas se gratinan no forno, e carnes. Parece que é erróneo atribuírlle a súa invención ao marqués Louis de Béchamel (1630-1703).

Ex: O bechamel estaba moi saboroso acompañando á pasta.

Citas

  • O bechamel estaba moi saboroso acompañando á pasta.