Begonia
Begonia
[ONOM]
Prenome feminino que fai referencia á planta homónima. O vocábulo procede do apelido francés Bégon, político francés, intendente de Santo Domingo, a quen o botánico francés Plumier quixo honrar dándolle o nome de begonia. Trátase, xa que logo, do que en Onomástica se coñece co nome de antopersónimo; isto é, dun dos moitos nomes de flores aplicados a mulleres como nomes propios: Rosa, Dalia, Violeta, etc. A festividade de Begonia celébrase o 15 de agosto ou o 11 de outubro, canda Begoña.