behetría*

behetría*
  1. s f [HIST/DER]

    Durante a Alta Idade Media esta palabra serviu para nomear aqueles pequenos propietarios territoriais (homines de benefactoria), mesmo comunidades aldeás enteiras, que buscaban un señor ao que encomendarse, entregándolle parte ou a totalidade dos seus bens sen perderen a condición de libres. Os encomendados facían votos de obediencia e servicios ao seu señor. A behetría forma parte do lento pero constante proceso, principiado xa no Baixo Imperio Romano, que levou á institucionalización do señorío como forma predominante nas relacións entre estamentos sociais polo que unha persoa xurídica libre pasou a perder tal condición ao se vincular a outra, que se transformou no seu señor (dominus). O pacto, principal vencello entre señor e vasalo, realizábase mediante escritura de permuta, venda ou doazón, adoitando establecer a duración, que podía ser ilimitada ou quedar aberta, se ben semella que evolucionou, segundo se fortalecía o réxime señorial, cara ao carácter vitalicio e mesmo hereditario (finais do s XII). No Reino de Galicia, logo tamén no de Portugal, o método máis seguido (pacto in comunatio) foi o da cesión a un señor por parte dun home libre, a súa familia ao completo ou unha comunidade, da metade, a terceira parte ou a totalidade das súas terras, ou ben a satisfacción de determinados tributos, polo xeral unha porcentaxe sobre a colleita; a cambio, o señor quedaba na obriga de protexer e outorgar beneficios a quen se lle encomendase (pro benefactoria quae mihi faciatis).

  2. s f [HIST/XEOG]

    Na Idade Media, aldeas habitadas por pequenos propietarios en réxime de behetría.

  3. s f [HIST/DER]

    Na Idade Media, herdades nas que os propietarios elixían o señor.