Belle et la bête, La
Belle et la bête, La
Nome científico:
[A bela e a besta]
[IMAX]
Produción francesa realizada en 1946, dirixida e escrita por Jean Cocteau. Foi interpretada por Jean Marais, Josette Day, Mila Parely e Marcel André. Bela, filla dun comerciante arruinado, vai vivir ao castelo da Besta para liberar o seu pai. Rematará namorada da Besta, que se transforma nun fermoso príncipe. A finais dos anos 90, a factoría Disney realizou outra versión en debuxos animados dirixida aos máis pequenos.