belovaco -ca

belovaco -ca

(< lat bellovaci)

  1. adx [ETN/HIST]

    Relativo ou pertencente aos belovacos.

  2. s [ETN/HIST]

    Pobo celta do grupo dos belgas establecido contra o s VII a C na rexión do Beauvais. Pola presión doutros pobos indoeuropeos da beira dereita do Rin, unha parte dos belovacos emigraron cara ao SO. Un grupo escindido dos belovacos, os vacceos, estableceuse na Tierra de Campos e en parte das rexións de Salamanca, Zamora e Ávila. Unha rama extrema dos vacceos, os arevacos, ocupou o val alto do Douro. Outro grupo, os belos, alcanzou o alto Jalón. Un grupo secundario, os titos, estableceuse nas terras altas da dereita do Jalón. Parece ser que un núcleo dos arevacos sobrepasou o Moncayo, acadou o Ebro e forneceu o poboamento celtíbero do Ebro.

Palabras veciñas

Beloso | belota | Belov, Vasilij Ivanovič | belovaco -ca | Beloveso | Belovo | below the line*