bembe

bembe
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bembes ou á súa lingua.

  2. s

    Individuo do pobo bembe.

  3. s [ETN]

    Pobo do NO de Zambia e da zona fronteiriza de Katanga, no territorio que se estende desde a rexión do lago Moero ata a costa SO do lago Tangañica. A base económica do aproximadamente millón de bembes que a habitan é a agricultura de sabana. Adoptaron como forma de goberno tradicional a monarquía sacra. A súa lingua é o bembe.

  4. s m [LING]

    Lingua africana falada polos pobos bembe, lunda e lamba. Pertence ao grupo bantú e presenta as formas máis achegadas ao bantú común; por esta razón, Malcolm Guthrie sitúa no territorio bembe o foco protobantú.

Palabras veciñas

bema | Bemantes | Bemaraha | bembe | Bemberg, María Luisa | Bembex | Bembibre