Ben Público, Liga do
Ben Público, Liga do
Coalición baixo a que se agruparon os grandes feudatarios sublevados contra Luís XI de Francia. A alianza, que non atopou o apoio dos outros estamentos sociais, propugnaba a diminución dos impostos e unha maior intervención na vida política, nas finanzas, no exército e na administración. Como xefe elixiron a Carlos, duque de Berry. Aínda que despois dun período de enfrontamentos, as súas reclamacións foron atendidas, a sutileza política de Luís XI deixou sen efecto os beneficios obtidos.