Benito/Benita
Benito/Benita
-
[ONOM]
Forma castelanizada correspondente ao prenome ou apelido galego Bieito.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria dos arredores de Oviedo ou de Ponferrada. Unha rama pasou a Monforte de Lemos. Estendeuse por Burgos, La Rioja, Palencia, Castela e outras moitas comunidades españolas. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un león de goles empinado ao tronco. A rama galega trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro e segunda partición, en campo de sable; sobre todo, unha aguia voante, metade de sable, en campo de ouro, e metade de ouro, en campo de sable; bordo de oito bandas, axadrezadas de ouro e sable, sobre campo de prata.