benxuí

benxuí

(< ár lubānjāuī ‘incenso’)

  1. s m [PLANTA]

    Arbusto asiático de follas alternas de forma oval e enteiras co envés de cor branca. As flores son brancas e están dispostas en acios. Desta planta extráese unha resina balsámica empregada en medicina, como expectorante e antiséptico polo seu contido en ácido benzoico, e en perfumería e cosmética.

  2. tintura de benxuí [IND]

    Preparación galénica obtida por percolación, a partir do benxuí, con alcohol de 80° C. Forma parte de diversas preparacións cosméticas.