benzonitrilo

benzonitrilo

(< benzo- + nitrilo)

Nome científico: [C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> CN]
s m [QUÍM]

Aceite incoloro de olor a améndoas, soluble en auga quente, en alcohol e en éter. Prepárase por quentamento de bencenosulfonato sódico con cianuro sódico. É moi tóxico e emprégase na obtención dalgúns fármacos, colorantes, solventes, etc.

Palabras veciñas

benzol | benzolismo | benzonaftol | benzonitrilo | benzopireno | benzopurpurina 4B | benzoquinona