Bergeron-Findeisen, teoría de

Bergeron-Findeisen, teoría de
[METEOR]

Teoría que explica como a presenza de cristais de xeo no interior dunha nube formada por pequenas gotas de auga arrefriadas provoca unha rápida condensación do vapor de auga enriba dos cristais de xeo, que, ao medrar en espesura, transfórmanse en folerpas de neve. O esquema proposto por Alfred Wegener en 1911 foi desenvolvido por T. Bergeron e W. Findeisen. Tamén recibe o nome de teoría de Wegener-Bergeron.