Bertelsmanns Verlag

Bertelsmanns Verlag

Grupo editorial alemán fundado en 1835 por G. Bertelsmann. Dedicado nun principio á edición de obras de consulta, introduciuse no campo discográfico (1958) e na televisión (1964); co tempo converteuse na primeira empresa mundial no sector dos medios de comunicación. No estado español é propietario do Círculo de Lectores, da Editorial Plaza y Janés e da empresa de artes gráficas Printer, entre outras empresas.