Bertomeu
Bertomeu
[ONOM]
Prenome masculino procedente, a través do latín eclesiástico Bartholomaeus e do grego Bartholomáios (Bαρτο ϴ ολομάιος), do arameo Bar Talmai, forma composta por bar ‘fillo’ e Talmai, nome propio que algúns estudiosos identificaron co grego Ptolomeo. Outras variantes deste nome son Bartolo, Bartolomeu, Bertolameu; tamén se escoita Mertolameu, inda que se considera unha forma non etimolóxica. A forma hipocorística correspondente é Bértolo. San Bertomeu foi un dos doce apóstolos de cristo que posúe gran culto en galicia, onde é titular de 36 parroquias.