Bessemer, procedemento de
Bessemer, procedemento de
[IND]
Método de fabricación do aceiro pola oxidación do ferro fundido, nun convertedor (chamado Bessemer ou de Bessemer), mediante unha corrente de aire. O convertedor ten forma de bota cuns orificios na parte inferior polos que se inxecta o aire a presión que, ao pasar a través da fundición, permite a combustión das impurezas, que son eliminadas en forma de gases ou de escoura. Moi empregado durante o s XIX, cedeu despois importancia ao procedemento de Siemens-Martin, dando lugar ao procedemento LD.