Bet Shean

Bet Shean

Distrito setentrional da cidade de Israel. É un centro comercial dunha área agrícola. Foi a antiga Escitópolis, unha das dez cidades da Decápolis, na que se están a realizar importantes escavacións dende 1921. No s V, baixo o dominio bizantino, converteuse en sé episcopal. No s VII foi conquistada polos árabes.