bexa
bexa
-
adx
Relativo ou pertencente aos bexas ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo bexa.
-
s
[ETN]
Pobo cuixítico constituído por diversas tribos nómades que habitan o territorio comprendido entre o Mar Vermello, o Nilo e Al-’Aṭbara. A principal actividade dos 300.000 individuos bexas é a gandería. Habitan en cabanas rectangulares e, malia que son de relixión musulmana, conservan restos dunha anterior organización matrilineal. Son tribos bexas os ababda, os bixaríns, os amarares, os hadandues, os halengues e os beniameres.
-
s
m
[LING]
Lingua cuixítica que ten como nome indíxena to-bedawye.