Bexley

Bexley

Distrito de Londres, Inglaterra, Reino Unido, ao SL da cidade (219.311 h [1996]). Inclúe os núcleos de Crayford, Sidcup, Erith e Chislehurt. É unha área residencial edificada coa pretensión de acadar un contorno agradable e humanizado, feito logrado coa presenza de árbores e espacios abertos axardinados.