Bibliothèque Nationale

Bibliothèque Nationale

Biblioteca pública con sede en París, que forma parte da institución chamada Réunion des Bibliothèques Nationales. A Bibliothèque Nationale inclúe diversas bibliotecas e institucións. A súa orixe está nas coleccións dos reis de Francia. Ocupou o pazo Mazarín e outros edificios do s XVII, adaptados entre o 1854 e o 1875; na década dos noventa trasladouse a tres novos edificios situados na beira do río Sena. Dispón de Depósito Legal e posúe arredor de 9 millóns de volumes. As coleccións de publicacións periódicas e material audiovisual son tamén moi salientables. É o centro da bibliografía nacional francesa.