bicho

bicho

(< lat bestĭu ‘besta’)

  1. s m

    Nome xenérico dos animais de pequeno tamaño, xeralmente referido a vermes ou insectos.

    Ex: Temos unha planta das que comen os bichos.

    Sinónimos: becho. Confrontacións: bechoco, bichoco, ronco, verme.
  2. s m

    erme que se usa como engado para a pesca con cana.

    Ex: O peixe levou o bicho, pero non mordeu o anzol.

    Sinónimos: becho, besbello.
  3. s m

    Calquera animal.

    Ex: Hai que estrar os cortellos e darlles de comer ós bichos.

    Sinónimos: becho.
  4. s m

    Persoa de aspecto desagradable ou de mal carácter que se irrita moito e con facilidade.

    Ex: As súas maldades son propias dun mal bicho.

    Sinónimos: becho.
  5. s m

    Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘canteiro’ e ‘mestre canteiro’.

Frases feitas

  • Ter o becho carpinteiro no corpo. Non parar quieto.

  • Matar o bicho. 1 Beber un bebida alcóholica cando se está en xexún. 2 Ir matando a fame.