bicónico -ca
bicónico -ca
(< bi- + cónico)
-
adx
[MAT]
Semellante, pola forma, a dous conos unidos polas súas bases.
-
sistema bicónico
[MAT]
Sistema de representación dos puntos e das figuras do espazo por medio doutras figuras debuxadas nun plano. Neste sistema fíxanse dous puntos de vista e as súas distancias ao plano mediante dúas circunferencias. Un punto calquera do espazo queda definido polas súas dúas proxeccións sobre o plano, unha dende cada punto de vista. Este sistema de representación permite facer debuxos estereoscópicos.