biela

biela

(< fr bielle)

  1. s f [TECNOL]

    Peza ríxida, xeralmente metálica e de gran resistencia, que serve para transmitir o movemento dun órgano a outro en moitos mecanismos e dispositivos. Nun sistema biela-manivela, transforma o movemento rectilíneo alternativo en circular continuo (motores de combustión interna, máquinas de vapor, etc) ou viceversa (compresores, bombas de émbolo, serras alternativas, etc). As bielas deben ser lixeiras e resistentes, e por isto están feitas de aceiros especiais ou de duraluminio, mesmo con materiais plásticos que se están a probar. Constan dunha parte central longa e estreita en forma de barra, chamada cana, que une os dous extremos, máis amplos, articulados, chamados cabeza e . Na biela do motor de combustión interna o pé apreixa o parafuso, que recibe o impulso do pistón; e a cabeza, que ten xeralmente a súa metade exterior, chamada tapa, desmontable, abraza o cóbado do cegoñal. Nalgúns motores, nos que actúa máis dunha biela sobre o mesmo cóbado, recórrese á colocación dunha biela mestra, e dunha ou máis bielas articuladas na cabeza da anterior por medio de parafusos. Na locomotora de vapor, a biela vai unida ao émbolo pola cruceta e a variña; a biela de encaixe transmite o movemento de roda a roda.

  2. s f [CONSTR]

    Nas armaduras de ferro, cada unha das barras aproximadamente perpendiculares ás trabes grandes e que unen estas cos tirantes.

  3. biela crebada [TÉXT]

    Biela articulada que, nalgúns teares amplos de seda e la, acciona os taboleiros e dá máis tempo para o paso da lanzadeira.